¿Quénes somos?

Radio Palas é a emisora local, do municipio de Palas de Rei. Además de ser a primera emisora de radio da comarca da Ulloa e a cuarta en implantación da provincia de Lugo despois da dos concellos de Foz, As Nogais e Quiroga.
O proxecto de instauración dunha radio municipal comenzou a sua andaina no ano 2003 pero foi no 2007, tras uns meses en periodo de probas, cando definitivamente se inagura Radio Palas FM.
Radio Palas FM nace o decatarse da necesidade no municipio dunha emisora con cobertura de carácter local, que amplíe o marco da pluralidade informativa, garantindo o mesmo tempo a liberdade de expresión recoñecida e amparada na Constitución. Neste senso programación ten unhas liñas básicas: liberdade de expresión, o acceso a tódolos sectores da poboación, a igualdade de oportunidades á hora de expoñer as diversas posicións, así como o pluralismo informativo.

 

 

Para un Concello coma o de Palas de Rei a instalación dunha emisora de radio supón unha aposta decidida pola potenciación da información e participación dos seus cidadáns de aí que leve o nome de RADIO PALAS FM. Así como tamén contribúe a unha maior promoción local e comarcal dos aspectos culturais, replicas de relojes sociais e económicos.
Poden ser colaboradores da emisora todas aquelas persoas que o desexen e o soliciten á dirección da emisora, a cal informará á autoridade superior e tomará a decisión se é aceptada. A única obriga dos colaboradores é a de asistir ós programas cos que anteriormente se comprometesen e de preparar e elabora-las súas propias seccións e serán responsables das súas opinións dentro do programa ó que asistan.