| 24/03/2009 |
| RADIO PALAS ÚLTIMA OS PREPARATIVOS DO DISPOSITIVO ESPECIAL PARA CUBRIR A XVIII FEIRA DO QUEIXO COMARCA DA ULLOA |
| Estos días dende Radio Palas FM tamén se están ultimando todos os detalles para a cubrición dun dos maiores eventos que ofrece Palas de Rei este ano: tratase da XVIII edición da Feira do Queixo da Comarca da Ulloa, D.O. arzúa-ulloa, que todolos anos ten un carácter rotacional entre os tres Concellos que componen dita Comarca; esto é, Antas de Ulla, Monterroso, e Palas de Rei. Despois de se celebrar a anterior Edición en Monterroso a presente tocalle a Palas de Rei. Polo que os vindeiros días 18 e 19 de abril Palas contará con una dos maiores eventos gastronómicos e culturais da Comarca. Dende as dependencias municipais xa se ultiman os preparativos para acoller neses dous días a centos de queixeiras e as mellores mostras de Artesania, Agroindustria, Enerxías renovables, construcción, bioconbustión e demais eidos que se congregarán en Palas de Rei para mostrar e degustar o mellor de cada un deles. A Praza do Concello e a Praza de Galicia serán os principais escenarios de afluencia de interesados non descartando o Mercado Gandeiro que tamén será outro dos puntos de interés desta Edicción que contará cun destacado pregoeiro o popular presentador de informativos da Televisión Española: Genaro Castro quen xa estivo por estas terras con motivo do V Congreso o Camiño de Santiago a la por novembro do 2008. Pero o rostro de Genaro Castro non será o único de relevancia mediatica que participe desta XVIII Edición da Feira do Queixo da Comarca da Ulloa, persoeiros do mundo da Política, da Economia e da Sociedade daranse cita en Palas de Rei o 18 e 19 de abril e Radio Palas Fm estará con eles achegandolles a información o máis preto posible dende todolos puntos da noticia. |
| RADIOPALAS |
| cerrar ventana |