04/03/2009
REANUDACIÓN DENDE HOXE 3 DE ABRIL DA EMISIÓN DE RADIO PALAS FM tras o debastador incendio na Serra do careon que causou estragos na emisión de Radio Palas Fm
Por mor do incendio que arrasou aproximadamente unas 500 hectareas na Serra do Careón en Palas de Rei os días 28 e 29 de marzo, a emisión de Radio Palas viuse suspendida momentáneamente debido a que dito incendio afectou a algún equipos fundamentais na emisión de dita emisora. O persoal de Radio Palas traballou na recuperación da emisión que se completou hoxe venres 3 de abril. Polo que dende hoxe que o servicio de Radio volve a estar en funcionamento nas mellores condicións. Ainda así será na semana que ven cando concluyan as definitivas tarefas técnicas relativas a emisión. O traballo técnico de arranxo e reposición de equipos viuse complicado polas longas esperas no suministro dos equipos por parte da empresa encargada do seu mantemento según manifesta a súa Directora Ana Vanesa Cebral Taboada quen tamén engadiu que este impas serviu para perfilar e introducir novos programas cos que contará esta emisora a partires da semana que ven así como para preparar o dispositivo especial para a cubrición da XVIII Edición da Feira do Queixo Comarca da Ulloa.
cerrar ventana